| Carlos Trigo coa sua medalla |
O pasado fin de semana os nadadores do Club Natación Salnés estiveron competindo no Campionato Galego Junior-Absoluto de Verán na piscina olímpica Rías de Sur en Pontevedra.
O Campionato celebrouse de venres ao domingo en dúas sesións, pola mañá o campionato Junior e semifinais absolutas e pola tarde finais absolutas cos 16 mellores tempos. Polo Club Natación Salnés participou Carlos Trigo que na xornada do venres competiu nos 100m Braza, logrando o 5º posto. O sábado nadou os 100 Bolboreta, chegando nun excelente 4º. Pero foi o domingo onde puido demostrar o seu valía ao conseguir a medalla de bronce en 50m Bolboreta. Os seus tempos permitíronlle clasificarse para a final absoluta onde chegou no posto 14.
Este campionato é o que pecha a tempada para o Club Natación Salnés, aínda que os seus membros seguen participando en travesías a nado de augas abertas e tríatlons para non perder o ritmo de competición. Que a natación é un deporte duro, é algo que todo o mundo sabe, por iso convén felicitar a estes mozos e mozas pola súa entrega e a súa constancia nun deporte que esixe moitas horas de adestramento diario.
Nova e foto recollidas http://www.cambadosweb.net/
Ningún comentario:
Publicar un comentario