10 de xul. de 2011

OS AUDIOS DOS CONCERTOS DO RIF A VOSA DISPOSICIÓN

No blog do Rif inauguraron  sección nova, polo momento é a modo de experimento, pero si gusta seguiran  con ela. Sabedes que graban  case tódo-los concertos en video, como poidan saír, e logo os suben a sua canle de RifRocKerZ en youtube. Ben, xa sabedes da sua teima por compartir o maior número de cousas que fan e que as poidades descargar e facer con elas o que vos de gana, e como subilos videos e logo descargalos leva demasiado tempo nesta esquina do mundo, optaron desta vez por convertilo en audio para que tódo-los que queirades o poidades gardar para a vosa colección, en disco duro, pasalos a cd, o que queirades... Evidentemente non o poderan  facer con tódo-los concertos, pero sí con bastantes. O audio non sempre será moi decente, pero nalgúns coma este pode pasar.
Mais info en no blog do RIF

Ningún comentario: