6 de xul. de 2011

OUTRO TIMO MAIS QUE CIRCULA POR INTERNET

Cóntovos, un amigo meu recibíu un correo, teoricamente do Ministerio de Facenda dicíndolle que,  tras ver a súa declaración, detectaran un fallo ao seu favor de 284 € e que tiña que encher un cuestionario que aparecería ao picar na dirección e-mail. Como lle cheirou moito a chamusquina, chamou a Facenda e dixéronlle que xa tiveron máis chamadas neste sentido. Cando lles dás os datos da túa conta para que che fagan o ingreso, límpancha.
Así que nada, coidadíño. Pídovos que llo fagades saber aos vosos colegas para que ninguén pique.
Se tedes algunha dúbida, podedes picar nesta dirección onde se fai referencia a este timo.

Ningún comentario: