O presidente da sociedade, Teddy Bautista, será posto a disposición xudicial. Esta operación abriuse por mor dunha denuncia que outra sociedade presentou hai dous anos ante a Fiscalía Anticorrupción.
A Garda Civil está a rexistrar esta mañá a sede da Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) no marco dunha operación de Anticorrupción que investiga un suposto delito de apropiación indebida polo que o presidente da sociedade, Teddy Bautista, será posto a disposición xudicial.
Así o informaron a “A TI MEU CAMBADOS” fontes da investigación, que concretaron que esta operación se abriu por mor dunha denuncia que outra sociedade presentou hai dous anos ante a Fiscalía Anticorrupción por apropiación indebida.
As mesmas fontes aseguraron que, ademais de Teddy Bautista, outras dúas persoas serán postas tamén a disposición do Xulgado Central de Instrución número 5 da Audiencia Nacional, do que é titular o xuíz Pablo Ruz.
Ningún comentario:
Publicar un comentario