Benito Pelea |
CARLOS MARTINEZ GONZALEZ, Presidente da Asociación de Rañeiros de Cambados e membro do Cabildo da Confraria San Antonio da mesma vila quere denunciar públicamente a desastrosa xestión que ven facendo na devandita confraría o actual Patrón Maior Benito González. Esta situación vense denunciando dende fai varios anos e canto máis insistimos na denuncia o Patrón Maior empobrece maís a súa xestión. Benito González ten un poder omnímodo no seu particular Reino de Taifas, o oscurantismo é total na Confraría, a falta de información é unha constante diaria, Benito González non necesita o Cabildo para tomar decisións, puenteandoo cando quere e como quere, os seus propios compañeiros de Cabildo utilizaos o seu antollo. Economicamente a xestión non pode ir a peor, e aquí non se pode escudar na crise porque o sector do mar en Cambados é un dos sectores que menos a está a notar a mesma. Pasamos de ter superávit na Confraria no ano 2008 de 19.584 € , no 2009 xa se tivo un déficit de 6.000 euros , pero de xeito incrible no exercicio 2010 pasouse a un déficit de 95.155 €. A sangria de gastos por parte do Patrón Maior da Confraría é continua a modo de exemplo relatamos as seguintes partidas que nos foron facilitadas pero non imos a dicir como nin por quen para evitar represalias:
Ano 2010:
- Gastos de representación 5.581,54, 500 € por estar de baixa dende xaneiro a xuño. Dietas 5.222,17. Gastos de Tarxeta de crédito 1431,23 €, o que arroxa un total de 12.134,94 €.
DIETAS “MAIS CURIOSAS”:
- 30/07/10: Asuntos varios e firma na Notaria (a notaria queda a 50 pasos da Confraria).
- 02/09/10: Entrevista na TVG por roubo das gaiolas.
- 06/09/10: Acudir o Xulgado de Pontevedra.
- 13/09/10: Reunión co director do ISM e Xerente da Ameixa de Carril.
- 29/09/10: Xuicio contra Agamar.
- 04/10/10: Asuntos varios na Confraria (cobra dietas dentro da propia Confraria) e Xestión Notaria.
¡Que aproveche! |
- 07/10/10: Asuntos varios na Confraría e Xestións do Rastro da Vieira.
- 15/10/10: Entrevista co arquitecto da confraria e recepción da documentación de obra. Asuntos varios na Confraria.
- 11/10/10 a 18/10/10 Proxectos G.A.C.
- 28/10/10: Asuntos varios.
- 05/11/10: Firma póliza na Notaría.
- 09/11/10: Entrevista co Delegado en Carril polo asunto do raño.
- 11/11/10: Temas varios.
- 15/11/10: Temas varios e firma na Notaria.
- 23/11/10: Conciliación Xulgado.
- 25/11/10: Xuizo Pontevedra.
- 29/11/10: Firma Notario.
- 13/12/10: Asuntos varios relacionados coa apertura da vieira.
- 15/12/10: Asuntos varios e reunión co tema do Polvo.
- 16/12/10: Confraria e Inxeneiro.
- 20/12/10: Temas varios pola vieira.
- 21/12/10: Entrevista con Amegrove.
- 28/12/10: Asuntos diversos na Confraría.
Benito cos seus... |
EXTRACTO DA TARXETA DE CREDITO:
- 11/02/10 Restaurante Ribadomar 154,18 €
- 03/03/10 Taberna O Trasno 60 €
- 14/04/10 Taberna O Trasno 42 €
- 04/08/10 Lagar da Condesa 93,95 €
- 04/11/10 Lagar da Condesa 104,20 €
- 11/10/10 Quinta de San Amaro 88,20 €
A destacar que a agás o derradeiro restaurante os demais son de Cambados e a maioria de comidas son de carácter personal.
Unha empregada da confraria informanos que a conta Número 20910525903000029605 utilizada pola Confraría para a Festa do Carmen e San Antonio utilizouse un tempo pero agora xa non existe.
Tamén nos informan que non existe ningún listado das donacións que realizan os veciños de Cambados para as festas do Carmen e San Antonio había unha conta aparte para este capitulo da cal falamos antes. ¿Onde e quen contabiliza estas cartos que se lle piden os veciños?. A comisión de festas ó parecer recaudaron 13.750 € e os gastos da festa ascenderon a 20.671,44.
En canto a Festa da Vieira gastaronse 17.292,72 € somentes en publidade, o xantar non foi abonado pola Confraría, ignorando por quen foi abonado.
Preto do Carburante gastado durante o 2010, dicir que na gasoliñeira de Santo Tome as gastos ascenderon a 9.482,21 €, na de Tragove 14.447,04 € e na da Cabana 378 €, o que fai un total de 24.337,25 aquí ignoramos quenes sos os beneficiaros deste servizo.
En teléfonos a conta ascendeu durante 2010 a 5.152 €.
Nunca a Confraria de Cambados gastou tanto nos xulgados, pois os gastos xudiciais ascenderon no 2010 a 8.493,28 €, a avogada da confraria cobra ademais 300 € o mes fixo como asesora xurídica. Por un despedimento improcedente e caprichoso dun empregado da fábrica de xeo a confraria tivo que abonar a cantidade de 29.132,70 €. Tamén se despideu a Bióloga da Confraria e tivo que ser indemnizada ignorando a estas alturas o custe da indemnización.
Carlos Martinez, un home sen medos. |
É importante reseñar que o Patrón Maior recibe unha asinación mensual como presidente da Federación de Confrarias de Galicia preto do 3.000 euros mensuais, e pola mesma ten un coche a súa disposición e tamén teléfono. O patrón maior a pesar de estar enrolado no barco da súa propiedade fai moito tempo que non vai o mar, polo que non se entenden moitas das dietas e locomocións reseñadas.
A xestión de Benito González na confraria de Cambados está a ser nefasta e con tintes dictatoriais chegando a mandar misivas os socios que levantan a voz nalgunhas asambles que sen chegar a ser amenazantes non deixan de ser intimidatorias, polo que estas cartas fan a vez de mordazas nalgúns socios.
CARLOS MARTINEZ GONZALEZ.Presidente da Asociación de Rañeiros de Cambados e membro do Cabildo da Confraria San Antonio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario