2 de ago. de 2011

ASOREY ESTÁ EN ESPIRITU EN TORRADO

O Pazo de Torrado acolle desde onte a exposición do escultor Francisco Asorey coa intención de realizarlle unha homenaxe neste ano, cando se cumpren 50 anos do seu falecemento, e constitúe unha oportunidade única para coñecer máis de cerca a súa obra. A reunión das 13 pezas que a conforman é froito da colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Deputación de Pontevedra (mediante un convenio coa Fundación Torrente Ballester de 65.000 euros) estivo presente  o único fillo vivo do artista, José Manuel Asorey a quen fun presentado por medio de Adela Leiro, foi realmente un pracer coñecer o fillo do artista..
A exposición permancecerá aberta  no Pazo de Torrado durante todo o mes de agosto. De todas as formas e despois de cambiar impresións cos ali presentes e que tamen virá a exposición de fai 25 anos organizada pola entón concelleira de Cultura Adela Leiro, decianos que non ten nada que ver, xa que foi moito mais completa en canto a obras, e o marco foi imcomparabel , era a igrexa de San Bieito de Fefiñas, e por certo non se gastaron nin un tercio dos cartos que se gastaron nesta. De todos os xeitos paga a pena vela.

1 comentario:

Maribel Iglesias dixo...

Sen quitarlle mérito á exposición de Adela, e ti sabes Chon que eu son da opinión que foi a mellor exposición que se fixo nunca sobre Asorey. Hoxe en día sería moi dificil volver a facer algo parecido porque os museos son moi esixentes para deixarche as obras, piden moita seguridade, condicións de temperatura e humidade constantes, sistemas de transporte das pezas moi meticulosos (e polo tanto caros), seguros etc. Saúdos, Maribel.