9 de ago. de 2011

NOVO ÉXITO DO RIF ROCK COA FESTA DO BIGOTE

Enorme a 3ª Festa do Bigote de domingo!!!, aínda que moitos dos grandes aspirantes nas apostas de toda a semana, non chegaron vivos á madrugada do domingo ó luns. 
Os do Rif dan Grazas a todos por vir, e sobre todo ós participantes, que son os que fan realmente a festa. 
Os galardoados desta edición 2011 foron: 
Na categoria de Mostacho Absoluto: Alberto Haj-Saleh.
Na categoría de Bigote Falso: Sanni Cerviá.
Na foto podedes ver a ÓscarTK cos 2 gañadores posando coas súas horteradas conmemorativas e a escultura-trofeo obra do artista Rubén Arenaz:
Ademáis mención especial para Alberto Dominguez 'xugui', segundo clasificado, e o pesado de José Estevez 'bigaro' que durante todo o ano só vive por e para a festa do bigote, pero a súa paixón polos bares fixo que chegara tarde ó concurso. Mais info, video  e fotos en http://rifrockerz.blogspot.com/

Ningún comentario: