11 de ago. de 2011

O XENIAL RIKI LOPEZ HOXE NO CONTINENTAL


O cantautor e cómico mallorquino Riki López ofrecerá un monólogo-concerto esta noite ás 22:30 no café Continental de Cambados. Aqueles que desexen pasar un bo intre con risas aseguradas, poderán acceder ao evento abonando 10 euros na entrada do local. Cunha locución cargada de autocrítica, este insular sen medo ao ridículo amenizará a velada deixando de lado a vergoña e a seriedade, sempre coa espontaneidade e a graza que lle caracterizan en todas as súas actuacións.
Riki López, cantautor cómico con alopecia capilar e lingüística, chega ao Continental para mesturar -mentres se toma unha copiña- as pezas máis hilarantes do seu repertorio coas pílulas do seu disco: Buenrollitina. CONTINUAR LENDO...

Ningún comentario: