É de todos sabido que dun tempo a esta parte os domingos do Albariño non deixa de ser un Congreso mais do PP que ten lugar en Cambados, vergonzosa utilización da festa por parte do impresentable do noso Alcalde e da súa compañía. E despois aínda teño que oír a algunha xente dicir: "Luís é distinto os a outros é moi boiño", Luís é moito peor cos outros é un lobo con pel de ovella. O domingo a unha da tarde co presencia do Presidente da Xunta e varios conselleiros tivo o lugar o desfile do PP acompañados dunha serie de persoas que o aceptar esta paiasada non deixan de ser uns monicreques en mans do PP. Todos eles escoitaron unha sonora pitada que durou varios segundos, toda a prensa silenciou esta pitada pero a quen non poden silenciar foi a miña cámara e sen manipulación algunha puiden gravar o momento. Parece mentira en pleno 2011 non haxa liberdade de expresión:
Ningún comentario:
Publicar un comentario