29 de ago. de 2011

SEGUNDO FESTIVAL DAS COMETAS NA ILLA DE AROUSA ORGANIZADO “POR DEREITO”.


O vindeiro 17 de setembro e con motivo do inicio escolar “Por Dereito”  queren facer de novo un encontro con todos os que queirades pasar unha tarde con eles e os  fillos e fillas. Xuntaranse na Illa de Arousa ás 18.00, na praia do Bao, xusto ao pasar a ponte á man esquerda.
Quereno pasalo ben, pero sobre todo queren lembrarlle á sociedade na que vivimos que existen e que tamén se saben ri, e gozar como calquer neno e nena, e que ese sonriso depende en gran parte de que os demais os vexan como un mais, como un neno e nena que quere aprender, xogar e divertirse cos nenos e nenas da sua idade.
Sacade as vosas cometas do maleteiro do coche, do trasteiro, do garaxe... e vinde a compartir con eles unha tarde inolvidable. ALÍ VOS ESTARÁN ESPERANDO!!!!
 Se o tempo non quere aompañaLOS o que farAN é deixar o encontro para o sábado seguinte á mesma hora.

Ningún comentario: