Takekazu Asaka galego- parlante |
Takekazu Asaka, autor de numerosas traducións á lingua xaponesa de obras de literatura galega como Cantares Gallegos, presenta estes dias en Cambados a súa obra Canta a Ramón Cabanillas, unha escolma bilingüe de 17 poemas do “poeta da raza”. Estes pertencen a varios dos seus libros, entre eles Vento Mareiro, co que en 1915 o poeta cambadés "modernizou a poesía galega", tal e como asegura o vicesecretario da Real Academia Galega, Francisco Fernández Rei, no prólogo do libro.
Cambados foi escollido para a presentación por ser a vila que veu nacer a Cabanillas "criado á beira do mar de Arousa" e por ser unha localidade "moi querida" polo profesor Asaka", tal e como asegura Fernández Rei no prefacio. CONTINUAR LENDO...
Ningún comentario:
Publicar un comentario