8 de ago. de 2011

DESCUBRIMOS UNHA OBRA INEDITA DO NOVO PREMIO DEPUTACIÓN 2011, MANOLO PAZ

 PAZ E CHON 
Manolo Paz recibirá de mans da Deputación de Pontevedra o premio Deputación 2011 dentro da categoría de cultura e arte. O coñecido escultor cambadés, verá o seu labor recoñecido e recompensada o próximo día 11 no Salón Nobre do Pazo Provincial.
Con esta distinción, a Deputación pretende remarcar a importancia da contribución que Manolo Paz fixo coa súa obra á proxección nacional e internacional da arte galego. As súas obras, predominantemente esculpidas en granito, foron expostas en galerías de medio mundo, paseando o nome de Galicia por varios continentes.
Ademais de outorgar a Paz esta distinción, a Deputación Provincial concederá premios noutras categorías como deportes, empresa, labor social ou turismo, recoñecendo igualmente o labor da BRILAT de Pontevedra coa medalla de ouro. . CONTINUAR LENDO PARA VER A OBRA INÉDITA....

Ningún comentario: