31 de ago. de 2011

UNHA PALA EXCAVADORA DO CONCELLO DE CAMBADOS FICA NO MAR

Preme na foto para vela amplñiada
Hoxe tivo lugar en Cambados un feito bastante curioso, un pala excavadora o parecer do Concello de Cambados, que foi no rescate do tractor da Confraria que quedara atrapado polo lodo, foi presa do mesmo erro co tractor, e tamén ficou no mar, concretamente no Serrido,  tragada pola marea. A foto foinos enviada por un veciño de Santo Tome, debido a lonxania da pala e o ser unha cámara das de bolsillo o home non poido facer mais, pero xa nos aclararan no concello:1º.- Que ordenou este rescate.
2º.- Quen se vai facer cargo da factura de gastos que de seguro se van ocasionar a consecuencia de que o mar "tragou" a pala.3º.- Tanxe xente como ten o Concello empregada e non hai un técnico que prevera tal situación. Grazas de todos xeitos o improvisado fotografo. Podes ver mais fotos na columna da dereita.

Ningún comentario: