A ASOCIACIÓN DEPORTIVA CULTURAL VILAGARCIA ESCRIMA NACE POLO ABANDONO DO PP A ESTE DEPORTE.
Vilagarcía xa conta cunha alternativa máis ao seu xa de por si ampla oferta deportiva. O Auditorio acolleu na tarde de onte o acto de presentación da Asociación Deportiva Cultural Vilagarcía Esgrima, unha nova entidade que nace con máis de vinte e cinco membros e que contará coa cambadesa Araceli Bugallo como principal responsable na parcela deportiva.
A aparición deste novo club xorde da renuncia da Fundación Deportiva a manter un curso máis a escola que se veu realizando nas últimas tempadas, outro dos cortes máis que vén aplicando neste caso o PP de Vilagarcia de Arousa en troques se hai cartos para construir campos de golf no que xogan catro señoritos .
Motivos económicos foron os esgrimidos polo Concello para deixar de financiar unha actividade cuxo seguimento foi en aumento de xeito exponencial. O interese en seguir practicando a súa afección derivo na creación do novo club.
Con idades comprendidas entre os 28 e os 50 anos, os esgrimidores do club forman un grupo de dimensións máis que destacables a teor do escaso número de participantes no ámbito autonómico. Tal e como sinalou Ramón Durán, membro do club, "imos competir no primeiro nivel de Galicia. Hai ao redor de oito clubs e preséntase unha liga moi interesante. Consta de varios torneos e intentaremos participar en todos eles". A chegada de novos membros ao club permanece aberta. A cota mensual para todos os socios fixouse en 10 euros. Ademais cada esgrimidor debe custearse os gastos derivados do material que consta de chaquetilla, pantalón, luva, espada, mascase e pasante. Tal e como sinala o propio Durán, "está claro que é un deporte caro, pero non o é máis do que poida ser o golf ou do que paga un pai porque o seu fillo xogue na escola de fútbol de calquera club". Para os neófitos na materia, Ramón Durán asegúralles que a práctica de esgrima está exenta de riscos para a integridade física, "con todo o equipo non corres ningún tipo de perigo. É tanta a seguridade que dende o primeiro día xa podes empezar" a "practicar".
Tres son as modalidades das que consta o esgrima como son espada, florete e sabre. O equipo de competición do Vilagarcía Esgrima competirá nas tres modalidades iniciándose a súa experiencia en Lugo con motivo do Torneo San Froilán. Será na primeira semana de outubro. Ademais, o club manterá a organización do torneo que xa consumou dúas edicións en Fontecarmoa. O balance do realizado, con máis de sesenta xogadores en competición, anima o club a asumir novamente a organización dun torneo que vai camiño de consolidarse.

Ningún comentario:
Publicar un comentario