12 de set. de 2011

A CAMBADESA EVA SOTO CONQUISTA A PASARELA 'DE PAPEL' DE GÜEÑES (BILBAO)

Eva Soto lucindo un
dos seus modelos.

CONCURSO INTERNACIONAL DE VESTIDOS DE PAPEL.
O corazón do parque ARENATZarte de Gueñes (Bilbao) acolleu o sábado unha nova edición do Concurso Internacional de Vestidos de Papel. E Eva Soto, de Cambados, converteuse na triunfadora, no apartado de deseño, cun orixinal vestido que recordaba á papiroflexia. No apartado de vestidos infantís Eva Soto ficou en segundo lugar ainda que todo o mundo dicia que mereceu tamén o primeiro, pero as bases do concurso impedian que a mesma gañadora ficase nas duas categorias en primeiro lugar. Debido o delicado dos vestidos Eva Soto
fixo tamén de modelo e desfilou ela cos  seus propios vestidos.  No apartado de Corte e Confección, o Estudo de Artes Plásticas, de Balmaseda, conseguiu o primeiro premio cunha peza que recordaba a un pavón.. En total, o xurado valorou 37 deseños que desfilaron pola pasarela -16 deseños infantís (momento que recolle a imaxe) e 21 na categoría de adultos-, a cifra máis alta dos últimos anos. Podes ver mais fotos na columna da dereita as cales foron realizadas, notase ben, polo prestixioso fotografo Eduardo Apariz antes de marchar a Bilbao no Pazo de Ulloa en Cambados, fixeron de modelos Eva Soto e Alexandra Apariz Chaves.
A nova en Deia.

Ningún comentario: