![]() |
Tito Silva |
O vindeiro sábado 10 de setembro vai ter lugar nos peiraos de San Tome e Cambados, o II Memorial Tito Silva de embarcacións tradicionais. Tito Silva foi unha perxonaxe moi querida en Cambados a par de peculiar. Foi o primeiro presidente e fundador da extinta Unha Grande Chea, e foi o recuperador de Airexa e a lenda di que lla trocou o seu anterior propietario por un paquete de celtas. Paga a pena ler o artigo que lle adica Fernando Piñeiro no seu blog a Tito , podes lelo premendo AQUÍ. Tito foi un pioneiro na recuperacións de embarcacións tradicionais.
Recollemos fotos da Eirexa nos seguintes blogs: http://fungona.blogspot.com/ e http://boudevara.blogspot.com , que as podes ver na columna da dereita.
Ningún comentario:
Publicar un comentario