O Encontro Irmandiño celebra en Bueu o vindeiro domingo 11 de setembro un encontro de verán, xornada lúdica, formativa e reinvindicativa. Ligazón ao formulario para apuntarse se desexades participar.
Se queredes reservar o xantar é preciso apuntarse antes do xoves día 8 ás 24 h. e para participar na viaxe en barco é preciso incluír o número de DI na mensaxe do formulario.
PROGRAMA:
- 11 H. Recepción na casa do Concello, polo Alcalde de Bueu Félix Juncal.
- 11.15 Viaxe en balandro pola ría con visita as bateas de mexilón.
- 12.30 h. Visita o museo Masso, e recital poético a cargo de Lucia Novas, Xosé Maria Alvarez Cáccamo e Miguel Anxo Fernán Vello. O compañeiro Xosé Novas Piñeiro, primeiro alcalde democrático da vila, dirixirá os participantes unhas palabras en lembranza e homanxe a Xohán Carbalheira, afusilado no 36.
- Ao remate visita o asteleiro do Purro, carpinteria de ribeira declarada recentemente Ben de Interese Cultural.
- 14.30 horas, Xantar no Restaruante "Pescador". O prezo é de 20 €. haberá entrantes, polbo en caldeirada, postre, viño, café... Na sobremesa contarase con algúns cantautores e a música de Xico do Cariño.
- 19 h. Conferencia de Xosé Manuel Beiras no Centro Cultural do Mar, baixo o titulo "Galiza, a crise e alternativas".
Ningún comentario:
Publicar un comentario