(Foto Mariña Charlin) |
Nos séculos VI e V antes de Cristo, Cambados como o resto de Galicia, foi ocupado polos celtas que se situaron nas fragas e montes de Castrelo, Corvillón, Tragove, A Pastora, A Grenla etc. , pois estes sempre preferían os lugares preto do mar, e con especialidade aqueles puntos no que o desaugue dos rios formaba os extensos e fértiles estuarios no que podían poñerse o abrigo dos animais carniceiros e lles proporcionaran paz e alimento. Un deses lugares sen dúbida algunha foi o monte da Grenla, tamén denominado Pardico, envolvido en terroríficas lendas de encantamentos, crimes e roubos.
Na súa cume levantase o “con das Sete Pías”, por ser sete as coviñas que nel se ven. Na parte superior e o longo deste con, hai unha figura que semella un home estendido e o seu arredor, unhas canles, estanques ou covas de diversos tramos, quizais así dispostas para recoller o sangue o lavar as entrañas das vítimas ofrecidas logo en salvaxe holocausto a multitude de deuses que habitaban o ceo pagán.. Este altar druídico , habitado un día polos celtas, pertence indubidablemente ó período plistocénico ou quizais ó eneolítico. Pero na actualidade este monumento castrexo está totalmente abandonado da man de Deus e por suposto de man das nosas autoridades encabezadas polo noso calamitoso Alcalde Luís Aragunde, podía ser perfectamente un lugar para ver os turistas e xente que nos visita durante todo o ano e especialmente no verán. Na columna da dereita podes ver unha reportaxe fotográfica realizada por Mariña Charlin.

Ningún comentario:
Publicar un comentario