O vindeiro venres a iso da media noite no coñecido Pub Encontro de Barrantes tedes a ocasión de escoitar o dúo "Música a la Carta", despois do éxito do primeiro concerto, no cal deixaron un gran sabor de boca, volve a repetir, e podennos facer pasar unha noite moi agradabel.
Jorge Rial en guitarra e voz, e Frank Torres en Sampler e teclados, conforman "Música a la Carta" un espectáculo interactivo, co público onde os espectadores poden elexir a súa canción preferida, escoitala, adicala e subir a cartar si o desexan.
Cun repertorio de máis de cen cancións de autores variados: Juanes, Joaquin Sabina, The Police, Jarabe de Palo, Nacha Pop, Queen, Elton Jhon, Alejandro Sanz e outros.
"Música a la Carta" presentouse en diversos pubs, resturantes , hoteles e festas de toda Galicia, Vigo, Pontevedra, Santiago de Compostela, Sanxenxo, Vilagarcia e moitos outros máis cun éxito rotundo.
A idea principal deste show diferente é pasar un anaco agradebel e divertido onde a xente encargase de elexir a música quere escoitar segundo o gusto do auditorio, conformando así o repertorio que Jorge e Frank porán en escena.
http://www.musicaalacarta.es/
http://www.musicaalacarta.es/
Ningún comentario:
Publicar un comentario