Jorge Dominguez Hervella nunha foto de E. Apariz. |
As adegas da DO Rías Baixas foron as vencedoras absolutas do certame Cata de Viños e Aguardentes de Galicia. E é que o Señorío de Rubiós de “Coto Redondo”do enólogo afincado en Cambados Jorge Hervella foi elixido o mellor branco galego e en licores, o primeiro e terceiro postos foron
para dúas adegas adscritas a esta denominación, Pazo de Señoráns e Bouza do Rei, respectivamente. O acto de entrega de premios celebrouse onte no Mosteiro de San Clodio (Ourense) e estivo presidido polo xefe do Executivo, Alberto Núñez Feijóo, e coa presenza doutros conselleiros, como o de Medio Rural, Samuel Juárez, e o de Educación, Jesús Vázquez, entre outras autoridades e representantes do sector.

Este concurso, organizado porla Xunta en colaboración coas cinco denominacións de orixe galegas, é unha das citas anuais máis importantes para o sector produtor de caldos e augardentes con selo galego, con máis de 23 anos de celebración, no correspondente ao viño, e trece nos licores. En total, participaron 185 caldos de 105 firmas -dos cales, máis dun 30% pertencen a Rías Baixas- e 16 augardentes.
O albariño Señorío de Rubiós, do mesmo xeito que en 2010, levou o galardón “Acio de Ouro” de entre os participantes do seu mesma denominación, seguido de Leira de Pazo Pondal (Prata) e Condes de Albarei (Bronce). Ademais, foi un dos caldos mellor puntuados polo panel de cata de entre todos os selos de calidade galegos, de tal modo que logrou facerse co premio por excelencia, ser considerado o mellor branco de Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario