12 de set. de 2011

PECHOU “O GALO NEGRO”. UN DOS LOCAIS EMBLEMÁTICOS DE CAMBADOS

Foto de despedida do "Galo Negro"
Preme na imaxe para vela ampliada.
“O Galo Negro”, é un local que en principio se atopaba na eira dos Botana, , e foi aberto por Joaquin Botana Cabanillas fai aproxidamente uns vinte anos, quen lle puxo un nome dun poema do seu abó Ramón Cabanillas . Joaquin quixo facer e fixo un local distinto os existentes en Cambados en outros sitios e abofé que o fixo, pola súa orixinalidade, constaba de dous espazos un onde estaba a barra, o lar e a cociña e outro mais “natural”que era unha especie de xardin botánico cuns aparellos antigos que adornaban a sala da barra buscados e recollidos por Joaquin durante moitos anos, por avatares da vida Joaquin pecheou e fai exactamente dez anos colleuno Fina e mais Nito,
que viñan de ter o Bar Infante, xente traballadora a mais non poder  que lle deron un novo pulo o local e foi cita de moita xente durante estes dez anos, no inverno era “o local” de Cambados, xa que polo espacioso  que era a súa zona “axardinada” pero cuberta, as familias podian deixar andar e xogar tranquilos os rapaces sen problema ningún, tamén foi punto de encontro de numerosisimas ceas de toda clase de pandillas de Cambados, ali Unha Grande Chea tamén ten feito das súas. Cun xantar de calidade e moi económico ali facianse toda clase festas e cumpreanos de todas as idades. Ali era tamén o “recreo” dos que miramos  os partidos no German, chamamoslle recreo porque era onde iamos tomar os “quintos” no descanso dos partidos e porque non,  de vez en cando largarlle algún bocata cando a fame apretaba. Moito traballo para Nito, Fina as súas filas e xente que colobarou con eles todos estes anos, todos foron marabillosos, e únha magoa que peche o local porque era unha saída para moita xente de Cambados e de fora de Cambados. Que vos vaia ben Fina e Benito, fixestesnos moi felices.

Ningún comentario: