9 de set. de 2011

SINXELAMENTE UN ESPECTÁCULO MARABILLOSO...

Disponte a gozar dun espectáculo dos que non abundan e que en raras ocasións teremos ocasións de presenciar. 

O home da trompeta (tocador) é un galego, que se declara nacionalista de esquerdas, bloqueiro sen concesións e ademais afeccionado do Celta de Vigo.
O que canta (cantador) é un españolista a ultranza, pepero da dereita de todo, ou sexa da extrema dereita, e afeccionado ultra do Real Madrid e por riva de  Movistar. 
Observa como é posible, a pesar das diferenzas futbolísticas e o extremismo político confesados polo galego e polo castelán, que reine a cordura e aínda que só sexa por un intre formen un dueto respectuoso. 
Así debería ser sempre, que todos puidésemos entendernos e poder trasladar o "retranca galega " dun e o "ser un cabaleiro español" do outro, ata ao ámbito político e/ou deportivo. 
¡¡ Nada de odios mezquinos, nin de rivalidades absurdas !!

Preme AQUÍ, e poderás ver un dos mellores duetos da historia.
Grazas a Manolo (xa sabe él quen é) polo chiste.


Ningún comentario: