13 de set. de 2011

VECIÑO DA MODIA DENUNCIA A “CASA DO TERROR” URBANÍSTICO PERANTE A DEPUTACIÓN.

"Casa Do Terror". Preme na foto
para vela ampliada.

A casa da Modia deu moito que falar estes días en Cambados, tanto que un dos veciños deste lugar, que por suposto imos a manter no anonimato, denunciou perante a Deputación de Pontevedra a “Casa Do Terror” , este veciño entende que tanto a veirarúa, como as luces na mesma como os pivotes están construidos enriba dunha estrada das que están a cargo  deste mal chamado organismo.
 O cal  non serve mais que para o amiguismo, enchufismo, festas e funciona tal cual como un reino de Taifás co seu Califa a fronte, o Rey Midas do PP, o Marqués de Ribadumia e Sr. Do Salnés “O Rabiso” o cal tivo a desfachetez de facer unha Festa Meidieval en Pontearnelas para facer sombre a Feira Franca de Pontevedra, festa que “vai o garete”, e que lle importará a el se os cartos son nosos. Existe a pequena discusión de quen realmente ten que dar licencia  para facer estas obras na veirarúas, xente autorizada do BNG manifestaronos que están a estudar o tema e unha vez teñan unha  decisión o respecto faranna pública. 
"O Rabiso" , primeiro pola dereita, con parte
dos señores feudais actuais do Salnés.
(O traxe de frade a Aragunde quedalle
tal cual). 

Ningún comentario: