Con motivo do cambio de cara que Bea lle quere dar o Escuma, como non podia ser doutro xeito organiza unha “festasa” o sábado 22 de outubro a iso das 23.30 h. para despedir o antiguo local. As “esclavas” de Bea son as encargadas de organizar o evento. Haberá xogos de azar con premios, agasallos asegurados e moitas sorpresas. As doce da noite teñen planeada unha gran queimada para limpar os “nosos karmas” cansados e resecosos do verán xa parece que definitivamente pasado. Como sempre as festas do Escuma prometen. Os que queiran ir disfrazados de temática de casino tamén poden facelo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario