Se facedes un pouco de memoria seguramente lembraredesvos dunha lei que aprobou o anterior goberno bipartido da Xunta , a Lei “Eolica”, adxudicando con moi bo criterio os megabatios que xeneraban os muiños de vento a empresas solventes que tiveran as súas redes en Galiza, que non foran especuladores, nen excravas do gran capital, deixando para o goberno galego un 10% por se aglúns especuladores financieiros metian algunha vez o fuciño nela. O outro 10% eran para os concellos onde se ubicaban os devanditos parques, como......
observaredes un reparto moi equitativo.
observaredes un reparto moi equitativo.
Cando o goberno bipartido perdeu as eleccións a Xunta de Galiza, o primeiriño que fixo o goberno gañador do Sr. Nuñez Feijoo, foi derogar a Lei “Eolica”, aprobando o pouco tempo outra, dándolle así toda a potencia que produce o vento no noso país os grandes capitais financieros mundiais que hoxe por hoxe teñen prendido polo pescozo a todo o continente europeo.
Como se fora unha pedrea na lotaría, aquí no Salnés tamén cairon algúns megabatios, un pequeno empresario da comarca fuxido a Portugal cando foi daquela famosa redada anticontrabando no ano 1982, contra os mais importantes contrabadistas de tabaco rubio, asesorado por non sei quen, con catro ou cinco mil euros de gasto, creou unha empresa no sector eólico, e como non, pideu tamén megabatios que lle deron a esa pequena empresa, vendido a día de hoxe a calqueira empresa punteira na venda da enerxia vale 24 millón de euros. Vaia pelisco na Lotaría, bueno claro, despois hai que facer “partillas”. Tanto para financiar o partido, tanto para os asesores da operación, un poquiño tamén para o testaferro, outra parte pos señores feudais do Salnés que tamén están metidos no allo. E como non, os altos cargos da Xunta tamén queren un pouquiño, algún deles ex traballador do Concello de Cambados. Por suposto son delincuentes de luba branca, e todo esto non se pode probar con papeis, senón entrarian todos no caldeiro.
Mirade cal é a orixe da crise galopante que padecemos, se todos estes “chourizos” devolverán os cartos dos que se apropiaron indebidamente , outro galo nos cantaría.
Os que tendes máis de 50 anos, lembraredesvos que hai moitos anos en Cambados houbo unha benefactora señora que lle chamaban “A Francesa”. Donou para os pobres do pobo varias das suas propiedades. Entre elas estaban o solar onde se construeu a Xuventude Católica, hoxe o actual auditorio. O Colexio do Salesianos de Castrelo e tamén o antiguo campo de futbol da Merced. Os mais espabilados coma sempre foron os curas, que “paparon” as millores talladas da caldeirada que deixou a vella cando finou. Daquela un antigo Alcalde de Cambados, vendo a precariedade en que quedou esa propiedade, colleu e fixo un documento de compra a prol do Concello, pola simbolica cantidade de 25 pesetas. Anos mais tarde chegou o poder un fundamentalista aitola, sucesor daquel alcalde, aquel que tivo que deixar a alcaldia por condena non por gusto e que foi o que entregou a insignia de ouro e brillantes a un famoso contrabandista.
Aquel Alcalde que instigou os hooligans alcaldes do seu partido para ir a protestar a Santiago de Compostela, aquel que expropiou o monte común os indefensos veciños de Oubiña para facer o poligono indsutrial de Sete Pias que foi inaugurado e vendido se ningún servizo elemental, enténdase auga, luz, sumidouros, beirarúas, depuradora etc. Non vendeu como debia as pacelas do poligono os seus achegados que despois eles revenderon gañando mais cartos. Ainda non fai moito tempo un famoso traballador da “fariña” finado en accidente de tráfico, vendia parcelas no poligono , despois de morto. E se non lle paran os pes o devandito alcalde xa queria facer outro poligono. Aquel que antes de ser alcalde traballou como xerente nunha cooperativa horticola, deixandoa a empresa con graves perdas económicas ao parecer. Aquel que namentres foi alcalde luceuse como nefasto xestor, endebedando o concello o que que todos contriubimos cos nosos impostos, ata límites insospeitabels. Ainda hoxe non se sabe con certeza cal é a débeda do concellos. Pero eso sí o seu patrimonio particular medrou coma a espuma, multiplicándose por non se sabe canto. Aquel que deixou cair o pavillón de deportes a cachos, o que deixou cair a antigua biblioteca a pedazos, o que deixou cair a actual praza de abastos, logros acadados por un partido político que non era o del. Aquel que presume de complexo polideportivo por onde queira que vai e en vez dunha pisicina fuxo un invernadoiro, senón vesanxe as fabulosas pisicinas que hai nos concellos limítrofes.

Aquel que trouxo os campos de herba sintética para o Pombal e asi o dia de mañan a adega Martin Codax medre para o campo de futbol de Burgáns. Aquel que difuminou a Anabel Carro “dun plumazo” por non subordinarse a disciplina de partido. Aquel que se ensañou como un ido co Pac de Pediatría de Canbados cando gobernaba o bipartido na Xunta xurando e prexurando que cando a xunta fora outrra vez do seu partido, o primeiro que faria seria devolverlle o devandito PAC a vila, pois non, case se esgotou toda unha lexislatura na Xunta de Galiza e o famoso PAC está no carallo , nin o actual Alcalde o o Excelentisimo Emperatriz Don Si….Si, foi capaz. Por todas estas fazañas o fronte do noso concello de Cambados déronlle un premio como os nenos pequenos cando se portan ben. Nomeárono super delegado da Xunta de Galiza, que o cambio ven sendo o que reparte os cartos de todalas consellerias na provincia de Pontevedrá, agás Vigo que hai outra superdelegada.
Manda nabo, como di un amigo meu, “outra vez temolo raposo coidando as galiñas”. Idesvos dando conta de onde ven a crise. E digo eu, que bo estades a facer o fundador do voso partido, o voso lado é un lixo. Este famoso aiatola do seu partido non se sabe que clase de concurso fixo e adxudicouselle o solar do campo de futbol da Merced a empresa Pirsa, quen presentou un dubidoso proxecto, que contemplaba nun principio dous ou tres bloques de edificios distindos e independentes, con seus correspondentes baixos e áticos, prazas de garaxe e aparcamento público. Cal non foi a sorpresa do pobo cando este dubidose proxecto sufriu unha “gran transformación”, de tres bloques de edificios, de aparcamento público nada de nada. Só un edificio deseñando unha “L” para facer un baixo a todo correr, porque lle interesaba compralo a unha gran area comcercial, outra “modificación” do proxecto mais, o que realmente fixeron con ese pretexto foi aumentar os metros cadrados a construir e ahí foi onde está o “gran negocio”. Kyrie Eleison, Kyrie Eleison, cartos para o caixón. E por riba a guinda do proxecto é a entrada que da acceso o aparcamento privado, invade tres pobos o espazo público de todolos cambadeses e como dixera o ínclito Alcalde nun mitin dunhas eleccións, con toda a súa berborrea “que quedaría unha praza publica despois de construirse o edificio mais grande que a Praza de Fefiñans”, a toro pasado chamaronlle de todo menos guapo. A todo isto din as malas linguas que algúns familiares da varias personas misturadas con este asunto e con cargos públicos “teñen” pisos no devandito edificio. Disque Din que dixeron.. eu non sei nada nin quero sabelo,.
MARTIN COBAS TROVADOR DOUTRO SÉCULO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario