28 de out. de 2011

O PP "ASANOS" A IMPOSTOS. O RODILLO POPULAR VACIANOS OS PETOS

No pleno de onte da subida das taxas só vimos unha formación seria, concruente creibel, con argumentos, con datos e con disposición a ter un concello digno sen masacrar a impostos os cambadeses, ese grupo foi o BNG, hoxe no seu blog podemos ler íntegra a intervención de Victor Caamaño, intervención maxistral  que paga a poena lela. Victor comenzou dicindo que  o BNG sempre defendeu que pagar  impostos  vai a significar que o cidadán teña servizos e polo tanto habitualmente  apoiamos a actualización de impostos conforme á suba do IPC. Pero nesta ocasión as circunstancias económicas polas que estamos a pasar son excepcionais......
e hoxe temos aquí un bo exemplo disto, referíndose as empregadas de Alfageme presentes na Sala. Victor e o BNG  din  que  ao igual que os impostos son necesarios para ter servizos de calidade, tamén defende que debe haber unha progresividade no pago de  impostos, de xeito que paguen menos os que menos teñen e viceversa (tamén se deben aplicar medidas fiscais desde os concellos). 
Victor presentou unhas exencións e bonificacións de pago de taxas que podes ler no seu blog, digna de encomio, que os demais grupos non votaron pola rediculez de non facer súa a proposta, a cal era exemplar. Respecto os impostos que suban moito máis do IPC,  Victor manifestou respecto a este grupo de impostos (distribución de auga +10%, servizo de sumidoiros 10´16 %, RSU 5% centro e 10% rural  -con exencións a xubilados con determinada renda mínima, axuda no fogar 9´7%). Son impostos que cobren un tipo de servizos que estas obrigado a pagar; non podes escapar da responsabilidade, cobren polo tanto a todos/as cidadáns). Loxicamente aquí resulta máis  normal que incluso nas anteriores a aplicación da proposta de exencións e bonificacións no pago de taxas
E por suposto, para o BNG, neste momento non deberían subir máis ca o IPC. Ademais rematou Victor  dicindo que  o cidadán esixe que os cartos dos seus impostos sexan ben administrados. E puxo un exemplo clarificador:  facer un novo Depósito de auga Mancomunado: 15. 000 m3; valeria 1.000.000.€ en lugar de metelo no arranxo dunha sociedade privada ao beneficio de 390 socios, poderiamos ter unha factura de auga que nos saíse a 80.000 persoas máis económica. Rematou definitivamente Victor  cunha frase lapñidaria:  para esixir hai que administrar ben os cartos de todos e todas.
 

Ningún comentario: