En días pasados o goberno municipal do PP de Cambados anunciaba que a renovación da cuberta da piscina municipal non se podería realizar pola falta de fondos públicos debido á crise económica. Logo de dar como feita esta obra, en múltiples ocasións, queda claro que o PP é un experto en publicitar repetidamente a mesma actuación e dala por realizada cando a realidade demostra que iso non é así.
Resulta razoable que o actual período de crise económica implique recortes nunha infraestructura como a da piscina, aínda que non son aceptables os recortes que o PP está
a facer no ensino, na sanidade ou nos servizos sociais. Dentro deses recortes, o xente non entende que o publicitado e desexado Centro de Día siga facendo esperar a cambadeses e cambadesas que tanto o necesitan e que, pola contra, sigan adiante obras coma a comporta e praia artificial no Saco de Fefiñáns; resulta esperpéntico.
a facer no ensino, na sanidade ou nos servizos sociais. Dentro deses recortes, o xente non entende que o publicitado e desexado Centro de Día siga facendo esperar a cambadeses e cambadesas que tanto o necesitan e que, pola contra, sigan adiante obras coma a comporta e praia artificial no Saco de Fefiñáns; resulta esperpéntico.
Pero o gran problema nesta ocasión é que o retraso da cuberta da piscina vai a significar unha sangría para as mermadas arcas municipais. Recordemos que, como informaban os medios de comunicación, a actual cuberta da piscina está a supor un gasto para o concello de 118.000 € en electricidade para quentar a piscina. Recordemos, así mesmo, que a causa deste despilfarro foi a mala xestión dos cartos públicos que leva anos facendo o PP en Cambados. Cando se ía costruir a piscina municipal e había que decidir o tipo de cuberta, a xente intelexente coincidía coa opinión dos técnicos que desaconsellaban o modelo elixido polo PP. O PP empeñouse en instalar, en contra de toda opinión e sentido común, un modelo desastroso e como consecuencia levamos moitos anos pagando (primeiro en pesetas e logo en euros) esa errada decisión e, semella, que o seguiremos facendo no futuro.
O que resulta máis sangrante das consecuencias da errada decisión inicial do PP, é que agora compre unha solución en forma dunha nova cuberta; é dicir, require de novos recursos económicos públicos para facer unha obra por segunda vez. Polo tanto resulta razoable que a Xunta de Galiza non considere prioritaria unha obra que non debería haber sido necesaria de haberse construído inicialmente aplicando o criterio dos técnicos e non o criterio caprichoso do PP.
A mala xestión desta infraestrutura foi pagada, e o seguirá sendo no futuro, cos cartos de todos e todas as contribuíntes. Aínda que seguro que o día da súa inauguración, os representantes do PP gabaranse da boa xestión que fixeron nesta obra. Certamente, fixeron unha boa xestión para eles, pero unha pésima xestión para o peto de todos os veciños e veciñas. E, por suposto, seguro que no futuro o PP seguirá falando da necesaria austeridade na xestión dos cartos de todos/as.
Ningún comentario:
Publicar un comentario