Antes de nada dar as grazas a Congregación da Virxe da Agustias e felicitala por revivir a festa despois de quince anos e que fora un éxito de organización e de xente. Todo Triana saiu a rúa para agasallar a súa patrona, o percorrido engalado, de moitos balcóns sairón pétalos de flores para botarlle a imaxe, e todo saiu a pedir de boca sou faltou unha cousa a verbena, pero todo se andará., porque con este equipo poden chegar moi lonxe. As fotos de Pastora Pillado, a quen lle dou as grazas tamén por elas, dan testemuño do que estou a falar e podedelas ver na columna da dereita. As portadoras estiveron fenomenais, o remate foron longamente aplaudidas polos...
asistentes a procesión e o dia acompañaou, unha vez rematada a procesión os asistentes a mesma poideron degustar os famosos “bolos preñados” na porta da igrexa. En canto a protocolo outras Comisións de Festas deberian aprender da das Angustias. Repito parabéns e espero que para o ano mais e mellor, que vai ser díficil.
Ningún comentario:
Publicar un comentario