Fai un tempo o noso Alcalde D. Luis Aragunde Aragunde e mailo delegado de Fenosa foronse de xantar para arreglar problamente o tema das luces e das facturas no concello de Cambados, ala foron os dous a un restaurante cuxo nome imos gardar na intimidade porque me parece que o do restaurante non ten culpa de nada e meteronse entre peito e costas nada mais e nada menos que un xantar de 253.35 € que en tempos de crise parecenos un prezo un tanto subido de tono. Importanos un pito en que gaste os seus cartos o Alcalde de Cambados , que come ou que deixa de comer no seu ámbito privado o que xa non me parece tan ben e coido que os
cambadeses tampouco é que se gaste nunha comida para duas persoas esa cantidade e a conta de todos nos. Mal dende logo non deberon de comer. A continuación podes ver o extracto da xunta de goberno onde se aproba o gasto da factura e onde se borrou o nome do restaurante.
Preme na imaxe para vela ampliada. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario