3 de nov. de 2011

ANTONIO CASADO E DAVID CHIQUILLO (Cornelius) NO CON DO MOUCHO

O vindeiro sábado 5 de novembro ás 23.30 horas  no Con do Moucho (Illa de Arousa)  estarán David Chiquillo e Antonio Casado "El Abuelo", voz e guitarra do internacional grupo galego Cornelius 1960 presentan un peculiar show a dúo de clásicos revisados cargados do mellor rock, soul e funky que se pode atopar actualmente nos escenarios galegos. No seu tracklist poderemos atopar versións do mellor de Bob Dylan, Jimi Hendrix, Ben Harper, Led Zeppelin entre outros moitos grandes clásicos, sen esquecer, está claro cancións cun especial toque do seu grupo Cornelius 1960. 

Ningún comentario: