cumpreu a súa palabra, e eu digo que volveu a mentir os cambadeses como nos ten acostumados, facianos ver Oscar que na Voz de Galicia de data 12/11/21010 decia o noso Alcalde “que o premio Cabanillas dado a Luis Rei foi algo excepcional” e seguia a decir o mentireiro do Luisiño “De feito, o galardón foi algo excepcional, que só se convocou este ano e que, por agora, non volverá repetirse. Non existe así, engade o Concello, plaxio algún co certame que cada ano organizan as librerías de Cambados. Estas levan sete anos recoñecendo o labor de destacados escritores galegos que manteñen algunha relación coa localidade cambadesa”. Xa o di o refrán “E mais doado coller a un trampon (Luis Aragunde) que a un coxo”, e as hemrotecas son testemuños inapelables que deixa sen argumentos o mais pintado.
Se Luisiño convocara o premio de poseia que prometeu e se deixara de farrapos de gaitas. É tamén merecedor de eloxio a artigo de opinión de Maribel Iglesias na mesma páxina, dinos Maribel no seu artigo “Parece entón confirmarse que este premio de recente creación se consolida, non como premio de poesía, tal como foi aprobado pola corporación municipal no 2009, senón coma un premio que se outorga a personalidades senlleiras da cultura cambadesa; pero para iso lembre o Sr. Alcalde que xa tiñamos outro premio outorgado polos libreiros cambadeses”, e continua a dicir Maribel “Quero pensar que é máis doado e barato para o Concello dar un premio de honra coma este que non ten dotación económica (creo) que organizar un premio de poesía con dotación en metálico, convocatoria de xurado (que hai que pagar) etc. etc. Se non é así é de supoñer que o motivo é que se fai por rebentar o outro premio; unha vez máis o Concello de Cambados en vez de sumar, divide.”. Ademais a entrega do premio a Manolo Paz non estaba prevista polo Concello ocurreuselle o noso mentireiro Alcalde o día que foi a Santiago cando noemanon a Manolo academico. Verdade que non pega moito que lle dean un premio dun literato, a un escultor, cousas do imprensetable de Luisiño que ven deste xeito a aproveitar a campaña para facer electoralismo barato coa nosa cultura, non ten vergoña. Os actos do día de Ramón Cabanillas son este mércores, 9 de novembro, e empezan ás 12 do mediodía cunha ofrenda floral no monumento dedicado ao poeta no Paseo dá Calzada. Ao acto acudirán familiares do literato. Xa pola tarde hai un espectáculo ás 19 horas no auditorio da Xuventude. A compañía Vale Innova representará "Heraldos dende Cuba", que é unha dramatización dividida en tres escenas. Nos intermedios actuarán o director do conservatorio de música de Cambados, José Bugallo Senra, e a profesora Modesta Padín.
Ao termo do acto entregaráselle a distinción de honra a Manolo Paz.
Para unha mellor navegación por este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario