25 de nov. de 2011

BENITO GONZALEZ , COMA SEMPRE , FALTANDO A VERDADE.

Perante as tendenciosas manifestacións de Benito González nos distintos medios sobre a fallida reunión do 18 de novembro, o presidente da Asociación Carlos Martinez en representación a Agrupación de Mariscadores a Flote (rañeiros) ten que facer as seguintes aseveracións:
1º.- Nin é certo que se nos ofrecera a sala de lectura, nin tampouco é certo que se estivera celebrando ninguna reunión de técnicos, nin se nos ofreceu acortar o salón de lectura, BenitoGonzález falta a verdade nas suas manifestacións.
2º.- O Regulamento dos Rañeiros non preve que ningúen sustitua o Patrón maior nas reunións que  eles levan a cabo./......

3º.- Quen realmente está a buscar o enfrentamento entre as distintas agrupacións da Confraria e sobre toda entre os membros a Agrupación de Mariscadores a Flote é unha soa persoa: Benito Gonzalez Sineiro, actual patrón maior.
4º.- Benito Gonzalez ten practicamente abandonada a Agrupación e demostrase con feitos , por inoperancia e por soberbia e en parte por inaptitude do Patrón Maior  o ano pasado perdeuse unha subvención  de 42.000 euros para semente e este ano unha de 12.000 euros tamén para semente. Ambalas duas xa estaban concedidas  pola Xunta e só faltaba preparar a documentación, cousa que non se fixo deixando caducar os plazos leigais para preparar a documentación pertinente.
5º.- Se alguen está a politizar a situación na Confraria ese non e outro que Benito González, creando bandos enfrontados e intentando desunir o sector que antes era uña e carne. O unico obxectivo do actual Patrón Maior e instalarse na poltrona da Confraria. Os rañeiros o unico que queren en definitiva e a mellora do sector todo o contrario que Benito González.
 Mais novas de Benito González en Xornal Galicia



Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: