27 de nov. de 2011

CÉSAR LONGA ACORDEONISTA DE DE TREIXADURA, DIRECTOR DE COLEXIO

César Longa acordeonista de Treixadura e director do CEIP San Clemente de Caldas de Reis.  César manifesta que  "o papel do director marca a vida do centro e perfílao dun xeito determinado". Así el, cando accedeu a este cargo fai tres anos presentou un proxecto de centro "aberto aos pais e con actividades culturais que achegasen aos alumnos algo máis que os aspectos curriculares; a música, por suposto, ten un posto moi importante entre elas", describe. De feito, no seu centro todas as datas importantes do ano como Nadais ou Entroido viran ao redor dunha unha cantiga tradicional. Os concertos, dentro e fóra do colexio, son tamén parte imprescindible do seu proxecto. "A......
 educación musical baséase na colaboración en grupo. Poucas materias promocionan os valores de amizade como esta", destaca. Longa non esconde a paixón que sente polo escenario. Leva 15 anos con Treixadura e xa teñen cinco traballos editados. Róuballe tempo ao seu descanso para acudir aos ensaios, "especialmente cando preparamos unha actuación". Organización, como no despacho, é o seu único segredo. 




Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: