|  | 
| Foto de Mariña Charlin presentada a concurso. | 
Está claro que o Magosto dun tempo a esta parte está a ser distinto como antes o entendiamos e dicir o magosto ou castañada é unha festa tradicional de Galicia, os elementos comúns desta festa son a celebración no mes de novembro (ou finais de outubro) e o ter como elementos principais a castaña e o lume. Con esta festa a castaña recupera a importancia que o millo e a pataca fóronlle arrebatando nos últimos séculos.
 No Ramón Cabanillas alumnos e profesores suspenderon as clases das dúas últimas horas para gozar dun divertido, peculiar instructivo e deportivo  magosto.  Ao redor dun magosto montaron toda unha festa no Cabanillas. Houbo...... 
divertidas competicións deportivas, de rugbi e xadrez. Concursos de sobremesas e fotografías e ata xogos populares. Non faltou tampouco a mellor música en directo, a cargo do grupo Hard Bread composto por alumnos do propio centro. Das castañas encargouse o ex conserxe do centro, Graciano, que volveu ao instituto para axudar aos profesores na tarefa, ademais con gran gusto. A celebración foi todo un éxito e alumnos e profesores gozaron dun magosto inesquecible. A protagonista, como non podía ser doutra forma, foi a castaña que non só se serviu asada, senón tamén formando parte dos doces. Unha das imaxes da xornada foi a gaitera deportista Nerea , que como tamén participou no partido de rugbi e os acontementos eran un tras outro que non lle dou tempo a cambiarse. O Cabanillas tamén sabe facer ben as cousas.

| A nota curiosa do Serán puxo Nerea ó tocar desta guisa a gaita. | 
Graciano feliz de volver ainda que fora por unhas horas ó Cabanillas
Os gaiteiros animaron o Magosto.
Tamén houbo competición de corda.
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario