7 de nov. de 2011

O BNG ACUSA O PP DE DESPILFARRO POLO CAMBIO INXUSTIFICADO DE FAROLAS

Está claro que a Avda de Galicia de Cambados, estase a convertir na chapuza perfecta de Pepe Gotera (Luis Aragunde) e Otilio (Toñito Iglesias), o último despropósito veno a denunciar o BNG no seu blog: " O BNG non entende  o despilfarro que vai a supor esta operación  de cambio de farolas pois recordemos que as  que había  foron compradas polo concello recentemente e ademais, no seu momento, xa foran colocadas  á beira da estrada previndo a futura modificación das beirarrúas, como está a acontecer na actualidade" e segue a decir......
o BNG que "o PP no se cortan un pelo en subir os impostos o que faga falta. 
E por suposto, sen ter en conta que o cidadán quere comprobar que o concello xestiona con eficacia e sentido común os cartos dos nosos impostos." e remata dicindo o BNG "no seu momento,  a comprar das anteriores farolas polo seu excesivo prezo,  porque sempre pareceron  vellas, que non antigas, e porque a súa luminosidade deixaba moito que desexar, agora a operación de cambialas por outras novas non deixa de ser unha mostra máis do que o PP ven chamando “austeridade” e o BNG “despilfarro”. Asi amigos e como xestiona os nosos cartos o PP subindo impostos, cambia farolas que apenas teñen catro anos, en fin ten razón o BNG dicir que é un despilfarro, parece que se algún no concello tivera algún amigo que vende farolas e hai que darlle saida. E esta é a austeridade que propon o PP a partires do 20-N?. Imos aviados.

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

1 comentario:

Unknown dixo...

A ver canto duran as novas farolas que parecen varillas dun paraugas, onte á noite co vento que facía abaneaban tanto como as pancartas electorais que había en frente de animalía, como veña un vendaval dos bos adios farolas.