4 de nov. de 2011

RAMON CABANILLAS VOTARIA BNG

Hoxe comezou a campaña da crise, a campaña onde o bipartito PPSOE, seguramente farán un cambio de caras, pero non de politicas, co PP virán mais recortas, mais baixadas de soldos, mais impostos, mais enchufismo, mais fame,  e sobre mais fascismo que nunca. Isto pódese evitar?, eu coido que si, que este e evitable. Como?, poiis obviamente votando o BNG que hoxe por hoxe a única forza politica capaz de dar solucións. Tamén procederon a pegar carteis o bipartito PPSOE, é triste ver como no PP pegan carteis empregados do concello,
que teñen o seu dereito si, pero despois algúns deles nestes actos para o partido cobrar horas extras e iso non pode ser. Volvendo a politica se aplicamos politicas do PSOE esto levarianos a:
Políticas do PSOE:
2010. Recortes en gasto social investimento produtivo por valor de 15.000 millóns de euros.
a reforma das pensións, duro golpe ás condicións de vida dos pensionistas galegos.
A pensión media galega -730,70 euros mensais-, xa das máis baixas do estado, baixará en 73 euros mensais. Resultado desa política:
5 millóns de parados
Estancamento económico
Perda de dereitos sociais (despidos máis baratos, pensións máis baixas).
E se aplicamos Políticas do PP o resultado é o seguinte:
Desde que goberna o PP Galiza, recortes salvaxes en sanidade (237me), educación
(201me) e políticas de promoción de emprego (81,6me)
Falan de austeridade, pero non a practican: no orzamento para 2012, o gasto burocrático e
improdutivo sobe en 25me.
Menos investimento produtivo. Para o
orzamento 2012, redúcese en 23,3 me. De
cada 10 euros do orzamento, Feijóo só adica
79 céntimos a investimento.
Recorte do investimento en políticas industriais. O IGAPE terá en 2012 115 millóns de euros
menos. Políticas de apoio ao desenvolvemento empresarial: 131 me menos.
Asi é que aplicando estas politicas os resultados da xestión do PP son os seguintes: 
Lideramos a destrución de emprego no Estado.
Desde abril de 2009 o paro incrementouse no Estado no 24,1%. En Galiza, no 39,2 %. Só
nos supera La Rioja e Asturias.
Taxa de paro xuvenil en Galiza: 33,2 %.
Máis da metade dos mozos, 53,5 %, teñen contratos temporais, moitos deles contratos lixo.
Duplicamos a débeda: pasamos de 3.691 a 6.923 millóns de €.
Perdimos o sistema financeiro galego. Perdimos o control sobre 75.773 millóns de euros en activos, a xestión dos aforros de perto de 3 millóns de persoas.
Reforma fiscal que grave as rendas máis altas e que incremente a capacidade de intervención das administracións na loita contra o paro. As propostas do BNG suporían ingresos por valor de 32.000 millóns de euros.
Loita contra a fraude fiscal para equiparala á media europa. Incrementaríanse os ingresos en 25.000 me.
Supresión das deputacións provinciais: liberarían para Galiza recursos por valor de 477 millóns de euros.
Banca pública galega. Proposta de adquisión do 51% de NCG por parte da xunta. Para restaurar o fluxo de crédito a particulares e empresas.
Recorte gastos militares.
Retirada das tropas de Afganistán. Aforraríamos un millón de euro ao día. O estado leva gastado 2.000 millóns de euros en Afganistán (practicamente o orzamento da Consellaría de
Sanidade nun ano).
Devolución das axudas públicas á banca para financiar as PEMES.
O que está medianamente claro é que si Ramón Cabanillas fora a votar q ue ningún lle caiba a menor dúbida que o seu voto seria para o BNG.
Podes ver mais fotos da pegada, premendo AQUI.



Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.


Ningún comentario: