26 de nov. de 2011

A TENDA DE DEPORTES SPORTMAN PECHA AS SUAS PORTAS

Esta maldita crise leva por diante multitude de cousas tanto no noso pais Galicia como no noso querido Cambados, unha das derradeiras tendas  que definitivamente pechou as súas portas foi a tenda de deportes Sportman  sita na rua San Gregorio de Fefiñans. O seu propietario  Fernándo Padin Fandiño, para nos todos coñecido como “Nandiño” aparte de ser tendeiro era un amigo. A tenda comezou a funcionar no principio dos oitenta e foi a primeira tenda de deportes especifica que se abreu en Cambados,  eran bos tempos e Nandiño subiu coma espuma......
co seu negocio, ate chegou a sponsorizar varios equipos de deportes e como non o Club Juventud Cambados. Despois comenzaran a abrir outras tendas de deportas na vila, e incluso algunhas sucursais de algunhas multinacionais, e outras tendas coas cales era imposible competir, e entre iso e a fodida crise, Nandiño non tivo mais que remedio que poñer peche a un establecemento emblemático en Cambados. Nandiño foi todo un innoavador nesto das tendas deportivas en Cambados, e nada mais chegar de Suecia donde estivo emigrado el e a súa familia viu que cambados adoecia precisamente da falla dunha tenda destas carácteristicas e non dubidou en montala e poñer ese nome que ningún cambadés esquecerá nunca. Grazas Sportman, grazas  Nandiño e sorte. 


Nandiño sponsorizou este equipo de futbol sala que precisamente chamabase Sportman e estaba formado de esquerda a dereita por: Arriba.- Joaquin O Fico, Eduardo Charlin, Chon, José Luis Iglesias, Jacobo Iglesias- Agochados.- Juan Cubeiro, Pepe Cubeiro, Manolito Pieles e Egidio Varela. Transcorria o ano 1982.



Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.


Ningún comentario: