8 de dec. de 2011

DOS EVENTOS O MESMO DIA E CASE QUE A MESMA HORA

En dous eventos nos que colabora o concello de Cambados, xa todos sabemos en que consiste a súa colaboración en deixar o local e nada mais, vanse celebrar o mesmo día e case que a mesma hora e de seguro que van coincidir en horario. Non sei para que temos unha animadora cultural no concello, precisamente estos cousas non se lle debian pasar e co doado que seria que uns o adelantaran e outros o atrasaran e así a
xente poderia ver as dúas cousas se lle apetece. O día en cuestión é o domingo 18 de Decembro e por un parte temos:
As 18 horas e no Salón José Peña de Cambados e debido o aprazamento de festa do día 18 de xullo que organiza a Comisión de Festas Santa Mariña a actuación da Banda de Música Sociocultural de Ribadumia e o Grupo folklorico “Abrente” de A Estrada, intercalándose a actuación con sorteo de cestas de nadal, o asunto parece que vai para longo.
 De outra parte está a actuación das distintas seccións da Asociación Obradoiro Volandeira que será o mesmo día as 19 horas no Auditorio da Xuventude, polo que nos sabemos este evento foi o que se programou primeiro, contraprogramando a Comisión de Festas de Santa Mariña, a animadora cultural debia facerlle saber a esta Comisión que tiña que adiantar o acto como mínimo as 5 da tarde.
       

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: