Eloy Artime |
este sábado, pois se celebran eleccións no Colexio de Avogados de Pontevedra, hai que ter en conta que Vigo e aarredores teñen outro colexio por eso o Salnés é tan importente neste caso. As votacións son na sede da institución, entre as 10 e as 14 horas, e servirán para elixir o sucesor do decano durante os últimos dez anos, Eloy Artime Cot. Compiten polo posto o vicedecano en funcións, Ramón Jáudenes, e Mercedes González.
Para os avogados do Salnés, a candidatura gañadora terá que facer un esforzo para ofrecer unha mellor formación aos seus colexiados, incentivar melloras no ámbito das novas tecnoloxías, e fomentar cambios na xestión da quenda de oficio.
Maria Dolores Salgueiro |
Neste sentido, María Dolores Salgueiro formula que nuns meses as comunicacións entre os xulgados, os procuradores e os avogados se realizarán vía telemática, e que os letrados necesitan formación específica "para adaptarnos á era dixital na que estamos vivindo".
Dende un punto de vista comarcal, a letrada de Meaño apunta así mesmo que no interior dos xulgados debería existir a posibilidade de conectarse a internet vía wifi, e lamenta que o ordenador que teñen no despacho de avogados do xulgado de Cambados nin sequera dispón de conexión a internet.
Mamen Garrido |
Sostén que na actualidade temos que ir a Santiago ou Vigo a facer cursos", e que é necesario especializarse, por exemplo, en violencia de xénero. Mamen Garrido cre que tamén hai que introducir melloras na xestión da quenda de oficio. "É certo que estamos ao día nos pagamentos" a Xunta de Galicia ingresoulles recentemente o diñeiro do terceiro trimestre, pero apunta que a cambio non cobran as entradas domiciliarias de rexistro, "a pesar de que te poden obrigar a estar o día enteiro alí". Tampouco considera xusto que cando se tramita unha orde de afastamento por violencia de xénero si cobre a minuta o avogado da vítima, pero non o que asistiu de oficio ao agresor.
Mamen Garrido tamén pide á candidatura gañadora que teña máis interese polos partidos xudiciais "porque agora mesmo está todo centralizado en Pontevedra", e solicita de cara aos comicios de dentro de cinco anos que se poñan máis facilidades para votar, xa sexa por correo ou nos xulgados dos diferentes partidos xudiciais, pois o sistema actual é segundo ela moi pesado e prexudica aos colexiados das localidades máis afastadas da capital.
Carlos Alonso |
Carlos Alonso entende que o colexio debería habilitar tamén algún local ou sede nos partidos xudiciais a xeito de punto de información, onde os colexiados puidesen consultar manuais de dereito ou libros de xurisprudencia. Iso é algo que, non obstante, agora mesmo só existe na cidade de Pontevedra, malia que o Colexio comprende todos os concellos da provincia, menos os de Vigo, Nigrán,Gondomar e Baiona. Alonso é consciente de que ese tipo de servizos implican un investimento, e que polo tanto o Colexio podería ter que subir as cotas, pero afirma que "estaría disposto a pagar máis se iso redunda nun beneficio no meu traballo".
Avogados de Vilagarcia |
Alcalde está convencido de que os cursos só serven para que os organizadores destes "coleccionen amigos", e asegura que "o mellor curso que pode facer un avogado é lerse todas as sentenzas e ir aos xulgados a ver xuízos. Esa é a mellor formación que pode facer, e ademais lle sae gratis".
Adonis Alcalde cre que o Colexio tamén debería ser contundente cos letrados imputados en causas xudiciais ou mesmo penados.
Como profesional da xustiza no Salnés e mais concretamente en Cambados, estou completamente dacordo co manifestado polos letrados.
Como profesional da xustiza no Salnés e mais concretamente en Cambados, estou completamente dacordo co manifestado polos letrados.
Para unha mellor navegación por este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario