Ola Peich. Para serte sincero, tíñache a pista perdida... Pero hai pouco díxome un paxariño que xa non formabas parte activa de 504, que pasou?
Ben, como seguro teredes lido no comunicado de 504, o primeiro é o primeiro, e a min chegoume o de tomar a decisión de cambiar o meu destino, pois en febreiro, despois de sacar á luz o maxi Fondo & Forma. A miña situación persoal non era pa botar foguetes, tiña que asegurarme os alicerces, sentía esa necesidade. O grupo pasou de ser un hobby a ser outro traballo máis, moito máis tedioso que o que me daba de comer, todos saberedes que unha formación que chega a 8 integrantes é
difícil de organizar, e as reunións ata as tantas da noite non eran compatibles co meu horario laboral. Máis ou menos pois esa foi a causa de todo.
E dende que deixaches 504 de forma activa... Que fixeches en xeral? E no rap?
Pois currar, descansar, buscarme a vida, frikear.... De todo un pouco e como case todos en xeral, tampouco pasou moito tempo. Recordo nas festas da Ascensión foi a última vez que me subín á palestra, eu estaba a ver por primeira vez a 504 dende o público (que ben o fan fodinchos XD), de súpeto empezou a soar 4 roses e invitáronme a subir, así, sen dicirme nada, sen ensaio dende había 4 meses, VEÑA. Miúdo subidón, a letra saíu soa, a pena o dió moito, eles confesáronme que me botaban de menos e eu non podía comigo, agradézolles enormemente ese xesto e todos os momentos pasados a Bad, Dida, Kotto, Webo, Uve e Cro.

Xa vexo que non te aburres... A que te dedicas, por certo?
No día a día dedícome á programación de escritorio/web en Rúa Dixital, unha empresa en Santiago, antes trasteaba moito pola miña conta, agora podo dicir que teño experiencia para facer traballosfreelance e que os clientes queden satisfeitos, cun proxecto robusto e á medida, xa sexa dende cero ou cun CMS.
E xa que estamos, algún hobby?
Os anacos libres que teño dedícoos á miña noiva Vero, a Bagheera, o meu bóxer, algo de bicicleta e a competir a nivel pro nun simulador, por agora vou 7º do mundo nas pro series, co equipoRadicals patrocinado por SteelSeries, a ver se saco unhas pelillas ou algún patrocinio máis, xD.
E que proxectos de futuro tes? Daranos noticias pronto?
Teño varias colaboracións apalabradas dende hai un tempo, voume encargar persoalmente de que vexan a luz, en internet, pero por agora non teño data obxectivo. Teño o meu traballo feito para un tema con D3, fáltame ultimar detalles con Dida, Cep, Dj Zepo,Asoul... e algún máis.
Pois se queres despedirte ou dicir o que sexa... Leste é o teu momento.
Nada máis, un pracer facer esta entrevista para Galiciaflow, moi boa e curiosa sección, e se tedes máis

Curiosidade sobre min visitar www.peicheck.com
FOTO: VERO GARCÍA.
POSTPROD: FABIO CUNDINES/GLOCK D.
Emtrevista recollida de http://www.galiciaflow.com/2011/12/que-fue-de-peich/
Para unha mellor navegación por este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario