Non sei que pasa este fin de semana que a todos lles dá por facer algo. Eu teño unha cita cos representantes de comercio para que dea unha perorata pola súa patroa, unha Virxe cuxa invocación parece hoxe máis necesaria que nunca: a da Esperanza. Ese mesmo sábado, ás 8, os mediadores de seguros amparados na Fundación Inade, Instituto Atlántico do Seguro, móntannos no auditorio Mar deVigo unha gala que chaman "Grazas a ti" da que afirman que reunirá unhas 1.500 persoas. Presentada polo humorístico trío Fulano,Mengano e Zitano (os Manolos Pombal e Botana e Suso Pando, supoño que seguirán), será un recital dos 15 membros da agrupación de música tradicional galega
Treixadura (ola, Mingos Lorenzo, Delio Domínguez, cariños meus!) no que presentarán o seu último disco, "Esa se que é muiñada". Vanvos facer tremer de pracer patriótico.
Treixadura (ola, Mingos Lorenzo, Delio Domínguez, cariños meus!) no que presentarán o seu último disco, "Esa se que é muiñada". Vanvos facer tremer de pracer patriótico.
Para unha mellor navegación por este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario