16 de dec. de 2011

IV CAMPIONATO DE FUTBOLIN EN NOALLA

A Asoación de Noalla Esmorga, presenta unha nova edición deste exitoso campionato de futbolin do Salnés  que desta vez caeu en datas de nadal xa que tod@s andan  pola "casa", este campionato terá lugar o venres 23 de Decembro a partires das 22.30 h.A participación está aberta a todo o mundo, a inscripción será de 5 € por persoa e haberá premios en metálico. Estaran ademais  acompañodos por un grande Dj local para amenizar a noite. O prezo de entrada será de 10€ por parexa,e tanto os premios coma a modalidade de torneo decidiranse en función das parexas anotadas. De seguido vós explicamos as normas de competición...

EQUIPOS
1.- Cada equipo estará formado por dous xogadores, actuando un deles coma representante ou capitán.
2.-Os equipos poderán estar formados por homes, mulleres ou mixtos.
3.- As posicións de xogo non se podrán variar durante o desenrollo dunha partida.
SAQUE
1.- O primeiro saque faise sempre polo medio, as seguintes bolas sacaas o equipo que recibeu gol.
2.- Todos os saques efectuaranse sempre dende as barras do medio.
3.- Si o xogador que saca faino por detrás e falla, devolveselle a bola.
4.- Si a bola sae pola zona de porteria, pona en xogo o defensor. 
5.- Si sae polo medio, faise saque ó medio.
GOLES
1.- Poderase anotar gol dende calquera das barras.
2.- Dende a barra dianteira:
a) Solo se permite un toque ou golpeo á bola para conseguir gol.
b) Non se considera como primeiro toque o rebote ou golpeo que se produce nos xogadores por disparo da defensa contraria, sempre e cando este se produza nun solo xogador, podendo o atacante tirar a gol.
c) No caso de tocar a bola dúas ou mais veces, para romper a xogada, deberase tirar a tabla, contra a defensa, o porteiro ou hacia atrás.
3.- Goles nulos. Consideraranse goles nulos os seguintes:
a) Efectuando un remache tanto á defensa como ó porteiro.
b) O que se produce tras parar a bola ou dar dous ou mais toques na barra dianteira.
c) O marcado dende a barra dianteira regateando á defensa.
d) O conseguido pisando a bola na barra dianteira.
e) O conseguido elevando a bola por riba das barras.
f) O que se produce por rebote na barra da luz, nun xogador, espectador, ou en calquera obxeto axeno á mesa de xogo.
        

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.



Ningún comentario: