Martiño Noriega é un dos líderes destacados do Encontro Irmandiño, ademais de Alcalde do BNG en Teo (maioría absoluta), acaba de conceder unha entrevista estes días o periodico dixital GaliciaConfidencial, que a min personalmente pareceume chea de cordura, cordura que fai falta e non atopas en dirixentes doutras tendencias ou na del mismo, tamén é critica, pero respetuosa o mesmo tempo. O titulo da entrevista xa é revelador “Cómpre tender pontes no.......
BNG máis que nunca”. Martiño deixa frases lapidarias como que o BNG debe “converterse na casa común do nacionalismo e da esquerda” ou “temos que recuperar unha convivencia de partes, rematar co xogo perverso de maiorías e minorías”. Tamén dixo “que non podemos nesta situación aspirar a ter uns mellores resultados.”, e deixanos tamén esta mensaxe: “Abrirse a sociedade, resintonizar a mensaxe e algo antitético a ensimesmarse. Coido que debemos ser conscientes de que iso debe ser unha das aspiracións”. E remata dicindo: “Traballo cada día dentro e fóra da organización para non ter un futuro político fóra do BNG . Entendo que como proxecto colectivo de case que trinta anos de vida estamos nun momento no que debemos estar a altura da historia e do que agarda de nós a sociedade galega. Desgraciadamente, a miña opinión é unha máis no conxunto da militancia. Do que si estou convencido e que agora é innegociablemente o momento desta. Do conxunto dos homes e mulleres do BNG”.

Tamén se queres podes ler unha entrevista a Beiras no Correo Galego, pero xa un pouco máis cañera sobre todo co aparato do partido, eu diria noutra liña . Gustoume mais a de Martiño Noriega, nos tempos que corremos pareceume máis conciliadora.
Para unha mellor navegación por este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario