7 de dec. de 2011

NACE UN NOVO BLOG DE CARÁCTER PEDAGÓXICO EN CAMBADOS. JACOBO ARAGUNDE É O SEU AUTOR

Despois de varios anos no mundo da docencia, e concretamente como profesor de Pedagoxía Terapéutica, para Jacobo Aragunde Soutullo chegou o momento de plasmar nun blog todas aquelas ferramentas que lle  serviron e lle serven para manter a motivación de esos/as rapeces/as con dificultades aos que lle intenta inculcar un hábito de traballo constante para mellorar o seu rendemento escolar.
Estas ferramentas, algunha de elaboración propia, e moitísimas recopiladas de innumerables persoas e institucións do ámbito educativo, serán de gran axuda a profes, país/nais e alumnos/as para traballar de forma amena aquelas áreas nas que se precise reforzar.

Reforzó PT, nace entón coma unha plataforma aberta a todo tipo de colaboracións para conseguir que o proceso de ensinanza – aprendizaxe dos nosos alumnos/as ou fillos/as sexa o máis satisfactorio posible.
Sen máis, Jacobo quere  agradecer a tódolos profesionais docentes ou non docentes por compartir o seu material, que seguro que entre todos daranlle  o uso que se merece.
Mais información en  http://reforzopt.blogspot.com/

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.


Ningún comentario: