30 de dec. de 2011

“O NON XA O TIÑA”. O ASASINO DE MARI LUZ POSSE PIDE O INDULTO.

O avogado de Mari Luz Posse, a muller morta en Cambados a mans dun garda civil, asegurou hoxe que se decatou de que o condenado polos feitos pedira o indulto creuse que era unha broma. Segundo dixo o avogado Laureano Barreiro, nestes dous anos o condenado non abonou nin un só euro aos fillos da
vítima da indemnización que reflicte a sentenza, "coidouse de declararse insolvente". "Primeiro pareceume unha inocentada. Vin a carátula e pensei que era día 28, unha inocentada, pero ao abrila e empezar a ler quedeime a cadros", dixo. Barreiro asegura que tanto el como a familia están indignados, xa que "parece que nunca se vai a pasar páxina, é coma se fose un pesadelo que non ten visos de terminar, isto é impresentable". O letrado deberá presentar antes do xoves o seu escrito no que se oporá á petición de indulto.Dende logo que hai xente con “jeta”.
       

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: