2 de dec. de 2011

OUTRO VIDEO DE PREMIO “POR DEREITO” GAÑOU POLA INCLUSIÓN.

A Asociación Por Dereito gañou un premio nun concurso a nivel estatal de vídeos sobre a INCUSIÓN de persoas con diversidade coa curtametraxe titulada: “A INCLUSIÓN DEBE SER UNHA REALIDADE NON UN SOÑO INALCANZABLE”.  O concurso estaba organizado e patrocinado pola Federación de Organizacións en favor de persoas con discapacidade intelectual de Madrid (FEAPS Madrid), a Escola de Cinematografía e do Audiovisual da Comunidade de Madrid (ECAM) e Obra Social Caixa.......

Madrid coa intención de axuntar esforzos para desenvolver un plan de accion común co obxectivo de apoiar a inclusión social das persoas con discapacidade intelectual. 
Máis de 60 traballos foron presentados a esta Primeira Edición do Concurso. Só 15 pasaron á final e entregáronse dous premios: o premio do xurado cunha dotación de 700 euros e o premio do máis votado polo público con 1000 euros.
O prazo de votacións pechouse o pasado 17 de novembro ás 16:00 horas. Desde o día 1 ao 17 de novembro os curtos seleccionados para a final foron proxectados nos trens de proximidade de RENFE e nalgúns traxectos do AVE. Estímase que máis de 45.000 persoas viron estes curtos durante ese período de tempo.
A entrega de premios realizouse no Auditorio da Casa Acendida de Obra Social Caixa Madrid na capital de España. No noso nome recolleuno Mª José Alonso, presidenta da Asociación ALEPH TEA de Madrid, outra asociación que defende a inclusión educativa e social das persoas con Autismo.
Os integrantes de Por Dereito puxeron moita ilusión na creación desta curtametraxe no que participaron varios pais cos seus fillos. Deronlle moita difusión na Rede e apoiáronnos moitas asociacións e moitas persoas individuais a través das súas blogs entre eles “A TI MEU CAMBADOS”. O resultado foi a obtención deste premio e este recoñecemento a nivel nacional.
Os creadores do curto foron un membro da asociación, Rafael Aguín e un gran amigo de Por Dereito Santiago Pereira, ambos crearon dous vídeos, e foi seleccionado e premiado este vídeo que transmite a seguinte mensaxe: “Todos somos iguais, todos necesitamos axuda, ti e ti, e ti” con axuda todos podemos?.
Toda a información en:  http://yocomotu.feapsmadrid.org/
Isto non sería posible sen o apoio de todos/as vós, é increible a forza da rede!!!!!, GRAZAS A TODOS Os QEU VOTAR E DÉSTESLLE DIFUSIÓN o seu VÍDEO... Estan  moi agradecidos e felices por este recoñecemento, pero vos invitan  a que durante 15 min ( un minuto por cada vídeo)parédesvos a ver as marabillas que a páxina de "eu como ti" custodia.
Parabén a todos e todas as participantes pois demostrastes que credes neles, credes nas súas capacidades e que cun pouquiño que todos poñamos da nosa parte A INCLUSIÓN É POSIBLE a todos os niveis.  Podes ver o video premendo AQUÍ.
http://vimeo.com/30553726



Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: