A parroquia de Cacheiras, en Teo, acollerá o vindeiro 23 de decembro un novo partido da selección galega de fútbol. O seu rival; o equipo da República Árabe Saaraui Democrática (RASD). Vídeo no interior. Esta nova festa do fútbol coincidirá co XV aniversario de Siareir@s Galeg@s, que son os organizadores desta competición despois de que o actual goberno da Xunta, do PP, e a Federación Galega de Fútboldecidira prescindir do tradicional partido que, durante os catro anos do bipartito, se celebrou en Nadal con futbolistas profesionais do país.
"Mais um ano o povo resposta a este gesto de indiferença cara o nosso desporto", apuntan desde Siareir@s. "Seremos nós, @s Siareir@s Galeg@s quem levemos a Galiza ao terreno de jogo, numha jornada de actividades que vai tomando continuidade ano após ano e que esperamos que se reforce com o apoio popular que a Irmandinha se merece".Por iso, este colectivo convida a todos os siareiros a que acudan a Teo para demostrar que "continua a luita" polos "dereitos de Galiza a competir como país". Posto que é a primeira vez que este partido ten lugar fora dunha das grandes cidades galegas, a organización contará cun autobús que realizará de forma continuada o traxecto desde a Praza de Galicia, Compostela, ate Caheiras, e viceversa.
Este encontro quere ser, ademais, un recoñecemento á cultura e aos dereitos do pobo saaraui, "que dia-a-dia luitan polos seus dereitos como naçom". Ademais, antes do partido terá lugar un aberto de billarda, loita galega e unha carpa DJ.
As 19.00 horas está convocada unha manifestación que sairá do campo de futbol de Cacheiras baixo o lema "“Siareir@s Galeg@s, XV anos luitando polas selecçons nacionais!”. Logo, as 20.30, comezará o encontro.
A xornada finaliza cun concerto no campo da festa de Cacheiras coa actuación de catro grupos: Invivo (Metal-Cru, Compostela), Contra as Cordas (Hardcore, Ourense), Bastards on Parade (Punk-folk, A Corunha) e Opció K-95 (Punk-Oi!, Barcelona – Països Catalans).
Para unha mellor navegación por este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario