Este sábado teremos a segunda entrega da serie Jazzerz, co directo de TRIO PHIL JAZZ GROUP son un trío formado por Manuel Méndez á guitarra, Noli Torres á batería e Rubén Iglesias no baixo eléctrico. Trio Phil Jazz Group” naceu en Novembro do 2009, cando Ruben Iglesias Laya “Rubi” coñeceu a Manuel Méndez (guitarra) e faloulle de que buscaban un baixista para un trio de jazz fussión, e Rubi probou con el e máis con Chimo Sanchis (bateria), gustoulles a forma de tocar e a calidade de Rubi e ficaron xuntos dende entón. Deron varios concertos pola zona de Pontevedra, Sanxenxo, Portonovo e en breve estarán en Cambados.
Rubi, como todos sabedes é noso veciño os outros dous compoñentes do grupo son de Dena. O posto de Chimo vai ser ocupado por Noli Torres, un mozo que xa tocou con xente como Abe Rábade, Virxilio da Silva…”Trio Phil Jazz Group” ten a súa propia canle en you tube: http://www.youtube.com/user/JMRjazztrio Será o Sábado 17 decembro, as 23:30h. Ademais o Venres 16 sesión de música negra "Black Grooves" a cargo de Munstphà e a próxima semana (Venres 30 decembro) DAVID FALCÓN en concerto. Mais info en http://rifrockerz.blogspot.com/
Para unha mellor navegación por este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario