27 de xan. de 2012

100 ANOS DE PACO CAAMAÑO, FOI O PRECURSOR DA VENTA DE HORTALIZAS EN SANTIAGO.

Francisco Caamaño Conde,  xa é centenario. Paco pasou a xornada en familia na compaña dos seus fillos, algún deles chegados dende Madrid, e sobre toda na compaña da súa filla a miña amiga e compañeira de Xulgado de Cambados Nº 1 Manolita Caamaño, que  é quen finalmente o coida tanto a el como a súa dona que tamén anda xa polos 92 anos. Despois de facerse a foto de rigor  Paco e a súa familia trasladáronse o Pazo Rial para degustar un suculento almorzo na compaña dos seus fillos, netos e bisnetos entre os 
que se atopaba o cambadés Marcos Cuiñas Caamaño, fillo de Manolita. En total foron 15 persoas as que participaron no xantar. A festa continuou pola tarde onde recibiu tamén a visita de sobriños e varios amigos da familia, pois en parte pola súa lonxevidade Paco xa non ten irmáns vivos. 
Marcos Cuiñas Caamaño e a sua nai
Manuela Caamaño, neto e filla de
Paco.
Aínda que recentemente ten que utilizar cadeira de rodas  ten unha lucidez mental envexable e gozou o máximo da súa festa. Nestes casos tamén se viven momentos de emoción por tanto recoñecemento e ata pola presencia duns amigos de Ribadumia que se achegaron a saúdalo. Agasallos por moreas incluída unha cama especial para que o seu sufrido corpo descanse moito mellor. Paco Caamaño , evidentemente xubilado dende fai tempo, pero aínda seguía traballando na súa casa de Corón, nas súas fincas e cos seus animais ate os 95 anos. Caamaño foi todo un pioneiro  na comercialización  dos produtos da horta de Corón, pois ven a ser considerado  como o primeiro agricultor que levou as hortalizas no seu propio camión a vender a Santiago. Parabéns Paco.
       
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: