2 de xan. de 2012

CASEQUE 0 € PARA CAMBADOS EN EMPREGO.A QUE ARMARIA LUIS E A TOURIS SI A XUNTA FOSE BIPARTITA

Hoxe leo unha nova no Faro de Vigo que se titula “As axudas de fomento ao emprego caen un 90% nos concellos arousanos” , e concretamente especificaba que o Concello que dirixe Luis Aragunde queda só con 2917 € fronte os 26.588 € que recibiu o ano pasado, é dicir que practicamente non empregan a Xunta ningunha cantidade. Vdes se imaxinan o que
soltarian polas suas boquiñas Touris e Aragunde se a Xunta chega a ser bipartita, porian o grito no ceo, e incluso se manifestarian no Parlemento de Galicia como fixo cual exaltado que foi naquel momento Touris. 
Touris enfrontándose a Policia.
E o mellor con razón e todo, pero claro como a Xunta é amiga, hai que calar a boquiña e como dicimos en Cambados “meter a lingua no cu”, porque como son os nosos os que toman as medidas non podemos protestar. Falta de señoria e entereza e saber estar ten esta xente, o concello haino que defender sempre, mande quen mande na Xunta. E non baixaron en 5, nin 15, nin un 25%, baixaron un 90% ou o que o mesmo casi retiran as subvencións para fomento do emprego. Non nos extrana nada ,  acordanse cando dicia “Marianico el Corto” que non iba a baixar os impostos, pois foi o primeiro que fixo, eso si recalcando que suben temporalmente.






Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: